jueves, 1 de enero de 2009

Bidueiro, bido, bídalo, bidueira

Esta árbore en Galicia está presente na práctica totalidade do territorio. O bidueiro resiste condicións climáticas duras, como fríos invernais intensos, ventos e nevadas. É moi resistente a xeadas e alcanza en Galicia cotas non superadas por ningunha outra frondosa, chegando aos 1700 m. Non soporta as condicións climáticas mediterráneas, requirindo elevada humidade ambiental durante case todo o ano. Así, na Galicia meridional, con veráns máis secos, aparece de forma natural unicamente nas proximidades dos cursos de auga ou en zonas con chan relativamente húmido todo o ano. É unha especie moi rústica e pouco exixente en canto á calidade dos chans. O temperamento do bidueiro é de luz, polo que non lle vai ben, desde a primeira idade, a cuberta arbórea. Considérase unha especie de temperamento robusto e colonizadora. Nos montes galegos nos que vexeta ben apreciase a miúdo como coloniza os brezais e en xeral as matogueiras de degradación avanzada, en terreos devastados por continuos incendios. O bidueiro alcanza normalmente os 15 - 20 m de altura, presentando copa redondeada que produce pouca sombra. É unha especie pouco lonxeva que non excede normalmente os 130 anos. As raíces son pouco profundas e estendidas. A madeira é de coloración branca a branca-amarelada.
O bidueiro e os celtas
É a árbore do Inicio para os celtas, é o primeiro mes arbóreo, que percorre o ciclo que vai desde o 24 de decembro ao 20 de xaneiro do calendario actual, é dicir estamos no mes do bidueiro.
Os druídas e celtas en xeral adoptárono como inspiración para a súa roda anual e déronlle a primeira letra do seu alfabeto, o inicio, Beth.Os druídas, facían unhas incisiones no seu tronco onde recollían a súa savia azucrarada que se utilizaba nas celebracións. Ademais, este ritual da incisión no bidueiro, era un xesto para liberar o espírito da árbore, no preciso momento no que o sol empezaba a lucir con máis forza. Nos costumes druídicas, con todo, a utilización tiña un continuo uso ao longo do ciclo anual e cada unha das súas partes era un remedio ou produto concreto. A súa madeira ata se utilizou para fins máis domésticos, por exemplo os mangos das escobas e manufacturas de teas. E a súa cortiza empregouse para escribir. Os celtas usaban as variñas das súas pólas para tocar os carreiros e afastar os espíritos e tamén, se utilizou para outro mester como: dar lategazos aos delincuentes na Gran Bretaña. Na tradición celta esta árbore, invítanos á meditación, ao recollemento a escoitar lendas e sagas dos antepasados, todo iso mentres a madeira do bidueiro arde nunha fogueira.

miércoles, 31 de diciembre de 2008

O acivro



O acivro, (acibreiro, xardón, acebiño, acevo, acibeira, acivreiro, acibra, acibreira, cebro, escornacabras, rascacú, vellebrán, xando, xardeira), (Ilex aquifolium L.) é un arbusto de 2-5 m de altura (chegando o cultivado aos 20 m) que pode vivir moitísimo tempo, rexistrándose casos de até 300 anos. As follas son coriáceas coas beiras onduladas e espiñentas permanecendo todo o ano na planta sendo, polo tanto, perennifolia. É unha planta dioica: ten flores unisexuais, masculinas e femininas, en individuos distintos; sendo de cores brancas. O froito, de cor vermello, é unha boliña do tamaño dun chícharo con 3-4 sementes duras que madurece en outubro e permanece na planta durante varios meses. Certos animais, como a pita de monte (Tetrao urogallus), comen os seus froitos e expulsan as sementes cos excrementos logrando así a propagación da especie.

Na Galicia é unha árbore protexida, atópase sobre todo nas montañas do interior: Na serra de San Mamede; na serra dos Ancares; no Incio; no val do Lóuzara, no monte Oribio do concello de Samos; no Courel, sobre todo na Devesa da Rogueira. Atopamos acivros preto da costa como na fermosa fraga de Caaveiro ou mesmo os corpulentos especímenes da parroquia de Morgadáns (concello de Gondomar).

Os froitos son tóxicos para as persoas orixinando diarreas, convulsións e mesmo a morte en nenos e nenas. As follas teñen propiedades febrífugas, sudoríficas, diuréticas e laxantes. Segundo a medicina popular a cortiza do acivro, macerada en auga, axuda a curar a epilepsia.
A madeira, de cor claro e difícil de traballar, usouse, tinguida de negro, para substituír ao ébano. As pólas novas para mangos de cazolas e tamén para as aguilloadas, varas longas cunha punta de ferro no extremo usada para picar ou aguilloar aos bois, cabalos e outros animais e que aínda non hai moito tempo estaban a venda nas feiras do país.
Coa casca faise o visgo ou liga, produto gomoso empregado para cazar pequenos paxaros vivos( xílgaros, reiseñores,...).

Hai moitos anos usábase a póla do acivro para acadar o amor dunha moza. O ritual era o siguinte: Córtase unha póla de acivro a noite de San Xoán e pásase 13 veces por baixo das ondas do mar, rezando un credo de cada vez, e despois con ela tócase a moza elixida.

O feito de ter follas e froitos durante o inverno foi considerado como un símbolo da vida que aguanta o esmorecemento do resto da vexetación durante esa estación do ano. O costume de usar pólas de acivro no tempo do Nadal ven do moi antigo;os celtas, entre outros, na entrada do inverno, puñan nos seu cuartos pólas de acivro e para os romanos estaba asociado ás festas saturnais celebradas a finais de decembro na honra do deus da sementeira e da agricultura: Saturno.
Precisamente as pólas que teñen máis interese para a ornamentación son as de pés femias (as que teñen os froitos). Por outra banda, nas zonas boscosas de montaña e de cheo no inverno cando outro tipo de vexetación escasea, os froitos e follas do acivro constitúen o case o único alimento dunha importante comunidade de vertebrados (roedores, herbívoros e aves) como a pita de monte, corzo e tordo. A mesta follaxe da lugar a que a temperatura no interior dun acivro chegue a ser uns 4ºC superior á temperatura no exterior polo que serve de acubillo de moitos paxariños que escapan así das ventiscas e nevaradas e incluso tamén se esconden dos seus predadores naturais como o miñato (Búteo búteo) e o azor (Accipiter gentiles). Estudos feitos nos Ancares demostran que no cru inverno un 67% dos paxaros foron atopados vivindo nos acivros.

Unha antiga historia celta "O rei carballo e o rei acivro" que se representaba a comenzos do inverno conta como na rolda dos ciclos naturais, o rei acivro é dono e señor da parte escura e fría do ano e que toma o relevo de soberanía do rei carballo que gozou dos meses máis luminosos e cálidos"


lunes, 29 de diciembre de 2008

O Hermafrodito

No libro IV da Metamorfose, Ovidio cóntanos a historía do Hermafrodito.
Este era fillo de Afrodita e de Hermes, en honra dos cales recibiu o seu nome, unha mestura do dos seus pais. Pero Afrodita (Venus, en latín), ao sentirse culpable de adulterio, separouse do seu fillo e deixouno no monte Ida (en Frixia) ao cuidado das ninfas do monte (As Náyades), por quen foi criado.
Co paso do tempo, o neno converteuse nun mozo de gran beleza. Un bo día, Hermafrodito decidiu saír a percorrer as terras gregas. Indo de camiño a Caria, en Halicarnaso, o exceso de calor daquel día fíxoo aproximarse a un lago para refrescarse, e sacándose a roupa, púxose a nadar espido. A náyade Salmacis, que é a única ninfa a quen el non coñece, pasa o seu tempo mergullándose no seu propio lago, peiteando os cabelos cun peite de madeira de buxo ou co corpo envolto nun vestido transparente, deitase sobre as follas brandas ou nas herbas e tamén noutras ocasións recolle flores. Precisamente estaba recollendo flores cando viu ao mozo, e ao observar o seu corpo espido, sentiu unha atracción inmediata cara a el e non tardou en espirse e achegárselle para tratar de conquistalo, pero o mozo resistiuse.
Aínda así, a ninfa non desestiu no seu empeño e abrazouno fortemente, arrastrando ao fondo, mentres loitaba con el, suplicou aos deuses que non separasen os seus corpos, dicindo: Aínda que loites, maldito, non por iso vas fuxir! Deuses, facede que nada poida xamais separalo de min nin separarme del!. Os deuses, atendendo a súa súplica, concedéronlle o seu desexo e ambos corpos fusionáronse para sempre nun só ser, de dobre sexo.
Hermafrodito suplicou aos seus pais, os deuses, que todo mozo que se bañase naquel lago correse a súa mesma sorte. Desta forma, o lago arrebataría a virilidad a todo aquel que se bañase nel, tal como así llo concederon os deuses.
Este mito deu orixe ao uso da expresión Hermafrodita, para describir ás persoas intersexuais.