viernes, 6 de marzo de 2009

Esquerda, esquerda, dereita, dereita, adiante, atrás...

Hoxe cando escoitaba as novas pola mañanciña veume a cabeza aquel baile dos anos sesenta que se chamaba "A Yenka"; esquerda, esquerda, dereita, dereita, adiante, atrás un, dous, tres...e volta a comezar.
O señor FeijÓO9 novo presidente da Xunta, grazas a que moitos galegos dicidiron darlle a maioría absoluta, anunciou "que cumprirá a promesa que fixo en campaña de que sexan os pais os que elixan a lingua de estudos dos seus fillos de 0 a 3 anos. Adiantou que acabará coas galescolas e que derrogará o decreto de ensinanza, de xeito que desaparece a política da implantación progresiva do galego no ensino. Con estas medidas, dá o primeiro paso atrás dende a chegada da democracia na normalización do galego e incluso retrocede na política lingüística que marcou Manuel Fraga" Xornal.com
Que nos pasa aos galegos? Nunca imos poder liberarnos de todos eses complexos que arrastramos ao longo da historia? Quen lle ía dicir a "Católica" que seis séculos despois aínda seguiriamos arrastrando a condea por apoiar á Beltranexa?
Un pobo que perde as súas raíces deixa de ser pobo, iso sabíao ben a Sabela por iso desterrou aos nosos nobres e mandou para aquí aos nobres que non coñecían o galego para que o pobo que sempre mira cara aos ricos tivese vergoña de falar galego.
Ten o señor FeijÓO9 algún complexo por ser galego, segundo teño entendido é dos Peares, o pobo dos catro concellos e de dúas provincias (Ourense e Lugo), eu aínda nunca o escoitei falar en galego correcto, todo o máis que chegou foi falar en "castrapo".
Que mal hai en que os nosos nenos dominen o galego e o castelán? Non é unha persoa máis culta, cantos máis idiomas saiba?.
Non se trata de deixar de lado o castelán, é a lingua do Estado, pero o Galego é o noso. De que nos serve ser galegos se non coñecemos a nosa lingua?.
Eu penso que os extremismos non son bos, da igual que sexan de dereitas como de esquerdas, pero este "nacionalismo español" eu opino que non é nada bo.

4 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

As galescolas vanse chamar escolas infantís, só para borrar quen as pensou (non se atreven a quitalas porque os pais se lle botas enriba), os centros de día tamén van ser "reorganizados". Sonche ganas de non recoñecer o que está ben feito...
E, falando de promesas, o citroën que él quere non se fabrica en Vigo senón en Francia. A citröen de Vigo o que fixo foi darlle un coche gratis desde que foi nombrado representante do PP en Galicia. E, en paga, velaivai a publicidade posterior: coche francés. ¿El non é tan nacional? Pois o Audi é da seat, marca española...

Luís Pérez dijo...

Eu non sei por que quere derogar un decreto no que el mesmo votou a favor del. O decreto o único que establece é que o 50% das materias se imparta en galego e que se acade o mesmo nivel de coñecemento nas dúas linguas ó rematar o nivel de ensinanza obrigatoria. Eu non logro entender esta oposición ao galego, lingua maltratada durante séculos. Tamén dicir que a Mesa pola Normaliziación Lingüistica convocou unha manifestación para o día 17. Si queredes saber máis podedes pasar polo meu blog. Un saúdo.

Una dijo...

¡Qué obstinación tiene el PP con relegar las lenguas de las comunidades a un segundo plano cuando son lenguas maternas!Me he quedado disgustada,no creí que un hombre joven como éste diera esos pasos de cangrejo,los niños no tienen ningún problema para manejarse en dos lenguas,al contrario,se les da mejor que a los adultos.
Cuando yo empecé en la escuela de maestra en 1980 ya dábamos las dos lenguas,nos intercambiábamos las maestras,no teníamos ni libros ni material en catalán y menos aún en mallorquín,yo daba castellano a los dos primeros y mi compañera daba mallorquín a los dos primeros de E.G.B. y el resto de las clases cada maestro las daba en castellano,después con los años se hicieron cursos de Reciclaje y a partir de 1987 la mayoría de las escuelas tenían la lengua catalana como vehicular,se formalizó toda la enseñanza en catalán como lo había estado siempre el castellano,jamás un niño ha tenido problemas por eso,quien los tiene en una lengua también los tiene en la otra,ya que son otro tipo de cuestiones los que causan problemas de aprendizaje.
Los políticos siempre hacen de la lengua un problema que no existe,la gente no se va dando de tortas unos a otros por comunicarse en una lengua u otra,quien quiere de verdad establecer esa comunicación lo hace sin problema.¡Qué lástima de manipulaciones!.
Un abrazo

Dilaida dijo...

MARÍA JESÚS xa non sei que pensar eu sempre pensei que os galegos eramos moi listos, pero xa vexo que é fácil facernos ver o branco negro. Nunca me gustou a política e penso que durante catro anos vou pasar dela, ao fin ...

LUÍS PÉREZ, grazas por entrar no meu blog, hai moitas cousas que só teñen explicación para os que as fan. Mira eu dediqueime toda vida a traballar en academias de apoio,e podería escribir un libro con bastantes páxinas, sobre o profesorado dos colexios privados, hai xente que leva anos impartindo clases de galego e nin fixo o Cursiño de Iniciación e non falemos da signatura de historia que dende hai moitos anos é obrigado impartila en galego, aos nenos explícanlle en castelán, o mesmo que o latín...
Toda esa xente é a que lle dá o apoio a "Feij009" se ademais lle engadimos que hai moitos galegos que arrastran un complexo de inferioridade, por o simple feito de ser galegos, " y les parece que el gallego es una cosa de pueblo y claro sus hijos, son más cultos si estudiar solo "español".
Eu opino que Feij009 tamén debe de ter un gran complexo por ser galego, non hai máis que mirar para el e xa se lle nota.

TERE gracias por visitarme yo también te visito, no tanto como quisiera porque el tiempo a veces no me lo permite.
Mira lo del PP y su Nacionalismo Español no tiene nombre. A mi lo que más me molesta es que aquí en Galicia están tan enraizados que es imposible.
Pero bueno, hai que ser demócratas y aceptar la mayoría.