jueves, 12 de febrero de 2009

CARPE DIEM




Tu ne quaesieris, scire nefas, quem mihi, quem tibi

Non busques, pois non é lícito, o fin que nin a min, nin a ti

finem di dederint, Leuconoe, nec Babylonios

nos deron os deuses,Leucónoe, nin aos babilónicos

temptaris numeros. Ut melius, quidquid erit, pati,

números te entregues. É mellor o que haxa de ser

seu pluris hiemes seu tribuit Iuppiter ultimam,

xa varios invernos che conceda Xupiter ou só este derradeiro

quae nunc oppositis debilitat pumicibus mare

que debilita contra as rochas o mar

Tyrrhenum: sapias, vina liques, et spatio brevi

Tirreno: se prudente, filtra o viño, e neste breve espacio

spem longam reseces. Dum loquimur, fugerit invida

contén longa esperanza. Mentres falamos ha de fuxir o hostil

aetas: carpe diem, quam minimum credula postero.

tempo: goza do día de hoxe non confies no de mañá

Horacio, Odas, I, 11





miércoles, 11 de febrero de 2009

O LOBO E O AÑIÑO


Esta é unha fábula de Fedro foi escrita para aquelas persoas que baixo falsos pretextos, oprimen aos inocentes.

Ad rivum eumdem lupus et agnus venerunt
O lobo e o año viñeron a carón do mesmo río

siti compulsi; superior stabat lupus
apurados pola sede; o lobo estaba na parte de arriba


longeque infeior agnus. Tunc fauce improba

e lonxe na parte de abaixo o añiño. Entón pola insaciable voracidade

latro incitatus iurgii causam intulit.

o ladrón (lobo) inducido, buscou unha causa para a disputa


"Cur, inquit, turbulentam fecisti mihi aquam bibenti?"

Por que, dixo, me entoldaches a auga que bebía?

Laniger contra timens:
O laúdo (añiño) temeroso (responde)

"Qui possum, quaeso, facere quod quereris, lupe?"

Como podo facer iso do que te queixas, por favor lobo?

A te decurrit ad meos haustus liquor"
a auga baixa dende onde ti estás ata os meus sorbos

Repulsus ille veritatis virubus

Refutado pola forza da verdade

"Ante hos sex menses male, ait, dixisti mihi"

Hai agora seis meses, dixo, que falaches mal de min"


Respondit agnus: "Equidem natus non eram
O añiño respondeu: " Pero se daquela aínda non nacera

Pater hercle tuus, ille inquit, male dixit mihi

O teu pai, por Hercules, dixo o lobo, falou mal de min

Atque ita correptum lacerat injusta nece
e sen máis, captúrao e despedázao, dándolle unha morte inxusta.

lunes, 9 de febrero de 2009

Sémelle e o seu fillo Dionisos

Dionisos e Ariadna -Tiziano
Ménade- Escopas
Thyrsus
Sileno- Ribera
Os Borrachos- Velázquez
Dionisos- Caravaggio


Sémelle, filla de Cadmo e Harmonía, cando a seduciu Zeus para non asustala, transformouse en mortal, xaceu con ela e Sémelle quedou encinta. Hera, como non podía ser doutro xeito, quixo castigala; así, ao sexto mes de embarazo visitou á moza disfrazada de vella , aconselloulle que pedise ao seu amante que non a enganase máis e se revelase ante ela coa súa natureza e forma auténticas, porque doutra forma, como podería ter a seguridade de que non era un monstro?
Sémelle, en quen a dúbida botou raíces, lembrou que Zeus lle prometera outorgar todo canto lle pedise, así que seguiu o consello de Hera, curiosa por coñecer o rostro do seu amante. Zeus, aterrado pola petición, pero sen poder negarse, presentouse ante a moza empuñando o trono e os raios, e nese mesmo instante a desdichada rapaza quedou fulminada. Pero Zeus tivo tempo de retirar do seo da nai ao fillo que esperaba e Hermes, sempre tan oportuno, implantoullo nunha das coxas para que o incubara. Tres meses despois naceu Dionisos/ Baco ("nado dúas veces")da coxa do seu divino proxenitor; por iso ao neno se lle chamou tamén Diméter, "o de dúas nais" .
Logo Perséfone, por encargo de Zeus, levou ao neno e púxoo ao coidado do rei Atamante de Orcómenos e da súa muller Ino (tía de Dionisos)para que o criasen, disfrazado de nena, para que non o atopase Hera. A raíña dos deuses con todo non se deixou enganar e, castigou á parella real facendo que se volvesen tolos.
Zeus transformou a Dionisos nun cabrito e entregouno ao coidado das ninfas do monte Nisa, Macris, Erato, Bromia e Baque, que o coidaron, consentírono e alimentárono. Estando con elas foi precisamente cando descubriu ou inventou o viño, seguramente por suxestión delas. Foi o seu titor naquel retiro Sileno, un ancián feo e barrigudo, con fama de sabio e filósofo, borracho incorrixible logo que o seu pupilo lle deu a probar as excelencias do seu descubrimento, aínda que debía de ser un viño profético, porque din que desde entón vía o pasado e o futuro, aínda que o certo é nunca volveu dar un paso polo seu propio pé e facíase trasladar montado nun borrico.

Chegado á idade adulta, Hera recoñeceuno e por suposto outra vez usou a súa arma máis letal e fixo que se volvese tolo. Deste xeito, medio mareado e dando tropezóns, percorreu o pobre deus o mundo, introducindo en todos os países o cultivo da vide e a obtención do viño, polo que en todas partes o adoraron.

Dionisos vagaba polo mundo, acompañado do seu titor, Sileno, e dunha corte de sátiros salvaxes e ménades alucinadas, armados con varas cubertas de hedra, cunha piña de piñeiro na punta, chamadas "Thyrsus", e serpes, espadas e bramaderas. Todos danzaban frenéticamente, como posuídos por todos os demos.

Os sátiros eran chatos, de pelo enmarañado e orellas afiladas, tiñan dous cornos na fronte, unha cola de cabalo e patas de macho cabrío. Tamén chamados silenos ou faunos, percorrían constantemente o campo e trataban de violar a todas as mozas que atopaban, polo que os mortais temíanos.
Ménade en grego quere dicir estar fóra de si, maníaco, toleado, e en plural significa "furiosas". De feito cando se celebraban os misterios de Dionisos, as Ménades ou bacantes parecían posuídas dunha tolemia incontrolada. Ían espidas ou semiespidas, coroadas de hedra; adoitaban tocar a frauta e danzaban frenéticamente ata entrar no delirio.Foi en Naxos onde Dionisos coñeceu a Ariadna, abandoada por Teseo, e ao instante casou con ela. Tiveron varios fillos: Enopión, Toante, Estáfilo, Latramis, Erante, Taurópolo.
Desde entón a súa actividade encamiñouse a difundir as dionisíacas, cultos orxiásticos moi relacionados con rituais relixiosos, cuxas pegadas aínda perduran nas festas da vendima de moitos lugares, onde se mesturaban danzas e representacións históricas con xogos populares burlescos, polas que tamén foi considerado creador e deus do teatro e da comedia.
Implantado, ao fin, o seu culto en Grecia, e antes de subir ao Olimpo, descendeu ao Hades e rescatou á súa nai. Enganou a Perséfone para que lle axudase e subiu con ela ao Olimpo, onde ambos se converteron en inmortais e ela adoptou o nome de Tione para que Hades non a recoñecese, que o nome entre os antigos revelaba á persoa. Dise que cando chegou ao Olimpo, Hestia cedeulle o seu lugar para que tivese un sitio entre os doce, contenta de afastarse das rifas e disputas permanentes da súa celestial familia.
O mito de Dionisos está ligado tamén desde as súas orixes, á tolemia, que afecta non só a el senón que tamén aos que o rodean. Nas bacanais, os adeptos chegaban a entrar en tal éxtase que lles proporcionaba unha forza prodixiosa e temible da que foron vítimas algúns heroes, en pleno frenesí podían chegar a descortizar e devorar animais ou persoas.

Cadmo e Harmonía

Cadmo sementando os dentes da serpe
A Metamorfose de Cadmo e Harmonía

O oráculo de Delfos foi o que recomendou a Cadmo que abandoase a procura de Europa (a súa irmá) raptada por Zeus, e fundase unha cidade no sitio no que certa vaca se deitase. Cando a vaca se deitou, apareceu unha serpe que acabou con moitos dos compañeiros do heroe; Cadmo matouna cunha pedra e aconsellado por Atenea sementou os dentes da serpe. Dos dentes sementados surxiron os Espartoi. Cadmo tirou pedras entre eles, os Espartoi comezaron a acusarse os uns aos outros e estableceuse entre eles unha loita á que só sobreviviron cinco: Udeo, Ctonio, Equión, Hiperenor e Pelor. Cadmo foi condenado a servir de escravo a Ares durante oito anos por matar á serpe, que descendía de Ares. Unha vez liberado coa axuda dos Espartoi construíu Tebas. Casou con Harmonía e a súa voda tivo tanto fasto como a de Tetis e Peleo. Entre os agasallos nupciais a noiva recibiu un colar de ouro, obra de Hefesto e un veo ou vestido, confeccionado polas Grazas. Estas pezas que tiñan poderes máxicos xogaron un papel moi importante nos futuros conflitos dos seus descendentes. Xuntos tiveron a Ilirio, Polidoro, Ino, Autónoe, Sémelle e Ágave.
A esposa de Zeus, Xuno, que non podía esquecer que Cadmo era irmán de Europa, amante do seu home, non estaba contenta e atraeu a desgraza na súa familia: Ino (unha das fillas) botouse ao mar, nun arrouto. Sémelle morreu vítima dos raios de Zeus. Un neto, Penteo foi despedazado polas ménades, e outro, Acteón, foi despedazado polos seus propios cans. Por último o seu propio pobo tebano, levantouse contra el, e o mesmo Diónisos (fillo de Sémelle e Zeus) destruíu o seu pazo, de xeito que Cadmo e a súa esposa, Harmonía, xa anciáns, buscaron refuxio na Iliria. Cargados xa de desgrazas e de anos, ao repasar os primitivos infortunios da súa casa e rememorar nas súas conversas os seus sufrimentos, di Cadmo: "Sería sacra aquela serpe que eu atravesei coa miña lanza na época en que, chegado de Sidón, sementei polo chan os dentes viperinos, semente insólita?. Pois se o afán dos deuses quere vingala con tan tenaz rancor, pídolles ser eu mesmo unha serpe que se alargue sobre o seu ventre". Coma unha serpe, téndese sobre o seu ventre e entón nota que a pel se lle endurece, e estanlle medrando escamas e que o seu corpo, salpícase de manchas azuis; cae entón de bruzos sobre o peito e as súas pernas unidas nunha soa peza, van minguando aos poucos ata rematar nunha punta redondeada. Aínda lle quedan os brazos, téndeos e con bágoas que lle percorren o rostro aínda humano exclamou: "Achégate, oh esposa, achégate infortunada, e mentres aínda subsiste algo de min tócame, toma a miña man, mentres non me ocupa de maneira total o réptil".
Quere el seguir falando, pero a súa lingua féndese en dúas partes; non acoden as palabras ao seu propósito de falar, e cada vez que intenta proferir algún queixume, asubia; esta é a voz que lle deixou a natureza. Golpeándose coa man os peitos espidos, a esposa berra: "Cadmo, espera, e desposúete, desdichado, desa forma monstruosa. Cadmo, que é isto?. Onde están os teus pés? Onde os teus ombreiros e as túas mans e a túa cor e a túa cara e, mentres falo, todo o teu?. Por que non me convertedes tamén a min, deuses do ceo, na mesma serpe?.
Así falou, mentres Cadmo achegábase ao seu seo querido, como recoñecéndoo, e dáballe abrazos botándose ao seu pescozo como sempre fixera. Todos os presentes quedan aterrados; pero ela acariña o esvaradío pescozo do empenachado dragón e de súpeto son xa dous e van reptando cos seus repregamentos xuntos, ata que penetraron nos agochos dun bosque inmediato. Aínda agora nin foxen do home nin lle inferen feridas, e son dragones inofensivos que lembran do que eran antes.