imaxe tomada da internet
A leiteira (tiven o atrevemento de pola en galego normativo)
inda alumea o luceiro,
e chegando a algún regueiro
bautizo con auga fría
o leite do meu pucheiro
porque mellor aproveite,
Quen merca o leite?
Madrugadores estudantes
hanche pasar pola veiga
e detéñense tunantes
pedindo nata, manteiga,
e que sei eu.... Banadantes!
mal fogo de Deus os deite,
Quen merca o leite?
Cando eu entro pola Vila
todos inda están na cama
en doce calma tranquila,
quen de sono os esperta?
eu que vou chama que chama
ata que algún se endereite,
Quen merca o leite?
E esperta algún señor
abrazando á compañeira
entre suspiros de amor,
pero grazas á Leiteira
que entre os seus brazos a estreite,
Quen merca o leite?
Corro á Vila sen parar
na cabeza posta a cesta
que relouco por comprar
un aderezo para a festa,
figa, rosario e pieite,
Quen merca o leite?
Tamén hei comprar xabrón
e unha cuartilla de aceite,
mais, ai! dou un tropezón,
adeus figa, adeus peite;
Meu Deus! que compaixón!
adeus aderezo, adeus leite!!!