jueves, 25 de junio de 2009

AI MIÑA LINGUA!!!



GALIZA CHORA, DE NOVO ASOBALLADA, POR QUE NON SE VAN DESTA TERRA OS QUE RENEGAN DELA.

A LINGUA E A TERRA SON O MESMO, QUE NON DIGAN OS QUE PERSIGUEN A LINGUA QUE AMAN A GALIZA E QUE SON GALEGOS.




Miña lingua doce e agarimosa

miña lingua!
perseguida e maltratada
e ao longo dos séculos desprezada.


Miña lingua cantareira!

fuches a lingua "sabia"
da nobreza e dos monarcas

agora ABXURAN de ti,
tes os inimigos na casa.


Políticos monifates

renegados e ignorantes

Galiza é coma a muller
á que vós maltratades

ela dávos de comer

e arranxavos a cama

e consente que a mangonee
"o macho" cando chega á casa
pensa que é culpa dela
e segue, aguanta e cala.

martes, 23 de junio de 2009

A noite de San Xoan









Recóllense herbas e plantas medicinais e aromáticas, o seu agradable olor repúdiano os espíritos maléficos. Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Flores de sabugueiro, ruda, herba luísa, macela (camomila), mildrastes, fiúnchos (anises), herba de sanxoán, mentrastes, romeo, ourego, loureiro, rosas, follas de nogueira, fento rizado, herba do carme, folla de figueira, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia, e outras..., depende da zona e da tradición.

Seleccionadas as herbas, faixe un mollo e colócanse nun caldeiro cheo de auga. Déixanse fóra pola noite.
Ao erguernos pola mañá hai que lavarse coa auga. Hai tradicións que falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeitar a Santa Compaña.

Día de San Xoán, alegre,

meniña, vaite lavar,
pillarás auga do paxaro
antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.
Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar
Se arraiar,
se arraiará
todas as meigas levará,
se arraiou,
xa arraiou,
todas as meigas levou
Peladas era
peladas serán
todas as meigas
que andan polo chan.
Peladas son,
peladas eran
todas as meigas
que andan pola terra.

Romance da fror d´auga (Manuel Murguía)