jueves, 13 de mayo de 2010

Disque se anda á procura dun POLÍTICO



Este é un enxerto feito este ano; que sorte teriamos se os que nos gobernan soubesen enxertar así!!!.



Somos fillos da época,

a época é política.

Todos os teus asuntos, os nosos, os vosos;


asuntos diúrnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Queiras ou non queiras,


os teus xenes teñen un pasado político;

a pel, un matiz político;

os ollos, un aspecto político.

O que dis, así soa,

o que calas, tamén soa,

de calquera forma, político.

Camiñando pola fraga, pola selva,

son políticos os teus pasos

sobre un fundamento político.


Os poemas apolíticos son políticos tamén,


e arriba brilla a lúa,

un obxecto non lunático.

Ser ou non ser, esa é a cuestión.

Que pregunta, contésteme, cariño.

Unha pregunta política.

Non é necesario sequera que sexas un ser humano


para cobrar importancia política.

É suficiente con que sexas petróleo,

forraxe ou materia reciclada.

Ou unha mesa de debates sobre cuxa forma

se discutiu meses:


onde negociaremos sobre a vida e a morte?

sobre unha redonda ou nunha cadrada?.

Mentres tanto, morreu xente,

morreron animais,

arderon casas,

e perdéronse campos de cultivo,

como nos tempos antigos,

e menos políticos.


Fillos da época, Wislawa Szymborska


->Versión en castelán


Debajo de la fotografía: Este es un injerto de este año; ¡¡¡qué suerte tendríamos si los que nos gobiernan supieran injertar así!!!.


Somos hijos de la época,


la época es política.

Todos tus asuntos, los nuestros, los vuestros;


asuntos diurnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Quieras o no quieras,

tus genes tienen un pasado político;


la piel, un matiz político;


los ojos, un aspecto político.

Lo que dices, así suena,

lo que callas, también suena

de cualquier forma, político.

Caminando por el bosque, por la selva,

son políticos tus pasos

sobre un fundamento político.

Los poemas apolíticos son políticos también,

y arriba brilla la luna,

un objeto no lunático.


Ser o no ser, ésa es la cuestión.

Qué pregunta, contésteme, cariño.


Una pregunta política.

No es necesario siquiera que seas un ser humano

para cobrar importancia política.

Es suficiente con que seas petróleo,

forraje o materia reciclada.

O una mesa de debates sobre cuya forma

se ha discutido varios meses:


¿dónde negociaremos sobre la vida y la muerte?

¿sobre una redonda o en una cuadrada?.

Mientras tanto, ha muerto gente,

han muerto animales,

han ardido casas,

y se han perdido campos de cultivo,

como en los tiempos antiguos,

y menos políticos.

Hijos de la época, Wislawa Szymborska

martes, 11 de mayo de 2010

O érbedo,

Heracles loitando con Xerión,
imaxes tomadas da rede:

O érbedo, erbedo, erbedro, esbedro, erbedeira, moroteiro, morongueiro, morodoeiro, amoroqueiro, mirogueiro, albedro (Arbutus unedo).

A lenda de Hércules e Xerión foi descrita por diversos poetas gregos entre eles por Estesícoro de Himera no 590 a.C quen compuxo un poema, de nome Xerioneis (Historia de Xerión) .

"Como décimo traballo Heracles tiña que ir buscar o gando de Xerión a Eriteia. É esta unha illa, situada nas proximidades do Océano, que agora se chama [ Tartessos ], esta illa estaba habitada por Xerión...[...]. Xerión tiña os corpos de tres homes unidos polo ventre, e divididos en tres desde os costados e as coxas. Era propietario dun vermello rabaño [de bois]. Euritión era o seu pastor e o seu can gardián, Orto, de dúas cabezas,.... Viaxando a través de Europa foi buscar o rabaño de Xerión, e matou moitas bestas salvaxes. Foise a Libia e ao pasar por Tartessos levantou as dúas columnas, unha a cada lado, nos límites de Europa e de África, como monumento da súa viaxe. Ao longo da súa viaxe foi abrasado polo sol e el dobrou o seu arco contra o sol. O sol, admirado do seu atrevemento, deulle unha copa de ouro, coa que atravesaría o Océano. Chegou a Eriteia e hospedouse no monte Abas. O can divisouno e precipitouse sobre el, pero golpeouno coa súa maza. Cando o pastor veu salvar ao can, Heracles matouno tamén. [ Outro Pastor], que pastoreaba o rabaño de Hades naquel lugar, contoulle a Xerión o sucedido. Xerión sorprendeu a Heracles á beira do río Antemo, no preciso momento de levar o rabaño. Loitou con el e matouno. Heracles embarcou o rabaño na copa, atravesou o mar cara a [Cádiz] e devolveu a copa ao Sol".

Do sangue do xigante Xerión xurdiu o érbedo, unha árbore que florece e dá froitos ao mesmo tempo; e sempre na época en que as Pléiades relocen especialmente no firmamento. A imaxe mítica de Xerión expresa moi ben o vigor co que é capaz de rexurdir este arbusto tras un incendio ou a tala do bosque, con gromos de cortiza avermellada que medran moi rápido, cubrindo a terra espida e protexendo o chan. Dese modo, favorece de forma moi eficaz a rexeneración do bosque.

Esa vitalidade asombrosa e capacidade de rexurdir das cinzas, así como a súa folla sempre verde, fixérono símbolo da inmortalidade.

Esta árbore, entre os romanos, estaba consagrado á ninfa Cardea, que vivía no Lucus Helerni, unha fraga sacra á beira do Tíber. Conta a súa lenda que se insinuaba aos incautos cos seus encantos co fin de atraelos ao corazón da fraga e alí burlábaos desaparecendo sen que nunca ninguén lograse atopala. Aquel xogo ramatou cando Xano se namorou dela e a ninfa non puido agocharse do deus das dúas caras que, a cambio do amor roubado, concedeulle o poder de espantar ás bruxas, así como de curar aos nenos, aos enfermos e aos enfeitizados. Segundo conta Ovidio, cando a invocaban, usaba unha variña de érbedo coa que tocaba por tres veces as portas e os limiares conxurando desa maneira todo mal, «o seu poder é abrir o que está pechado e pechar o que está aberto».

Os romanos utilizaban esta árbore nas súas cerimonias fúnebres, tal como conta Virxilio na Eneida, cando relata o derradeiro adeus a Palente (Libro XI) "Outros, solícitos, tecen con varas de érbedo e pólas de aciñeira o armazón dun brando féretro, e dan sombra con teito de follas ao leito así formado..."



Versión castelán

El madroño

La leyenda de Hércules y Gerión fue descrita por diversos poetas griegos entre ellos por Estesícoro de Himera en torno al 590 a.C. quien compuso un poema, de nombre Geryoneis (Historia de Gerión.

"Como décimo trabajo se ordenó a Heracles el ir a buscar el ganado de Gerión a Eriteia. Es esta una isla, situada en las proximidades del Océano, que ahora se llama [ Tartessos ], esta isla estaba habitada por Gerión...[...]. Gerión tenía los cuerpos de tres hombres unidos por el vientre, y divididos en tres desde los costados y los muslos. Era propietario de un rojo rebaño [de bueyes]. Euritión era su pastor y su perro guardián, Orto, de dos cabezas,.... Viajando a través de Europa a buscar el rebaño de Gerión, Heracles mató muchas bestias salvajes. Se fue a Libia, [Africa], y al pasar por Tartessos levantó las dos columnas, una a cada lado, en los límites de Europa y de África, como monumento de su viaje. A lo largo de su viaje fue abrasado por el sol y él dobló su arco contra el sol. El sol, admirado de su atrevimiento, le dio una copa de oro, con la que atravesaría el Océano. Llegó a Eriteia y se hospedó en el monte Abas. El perro lo divisó y se precipitó sobre él, pero le golpeó con su maza. Cuando el pastor vino a salvar al perro, Heracles lo mató también. [ Otro Pastor], que pastoreaba el rebaño de Hades en aquel lugar, le contó a Gerión lo sucedido. Gerión sorprendió a Heracles al lado del río Antemo, en el preciso momento de llevarse el rebaño. Luchó con él y le mató. Heracles embarcó el rebaño en la copa, atravesó el mar hacia [Cádiz] y devolvió la copa al Sol".

De la sangre del gigante Gerión surgió el madroño, un árbol que florece y da frutos al mismo tiempo; y siempre en la época en que las Pléyades relucen especialmente en el firmamento. Esta imagen mítica de Gerión expresa muy bien el vigor con el que es capaz de resurgir este arbusto tras un incendio o la tala del bosque, con retoños de corteza rojiza que crecen muy rápido, cubriendo la tierra desnuda y protegiendo el suelo. De ese modo, favorece de forma muy eficaz la regeneración del bosque.

Esa vitalidad asombrosa y capacidad de resurgir de las cenizas, así como su hoja siempre verde, lo han hecho símbolo de la inmortalidad.

Este árbol, entre los romanos, estaba consagrado a la ninfa Cardea, que vivía en el Lucus Helerni, un bosque sagrado a orillas del Tíber. Cuenta su leyenda que se insinuaba a los incautos con sus encantos con el fin de atraerlos al corazón del bosque y allí los burlaba desapareciendo sin que nunca nadie lograra encontrarla. Aquel juego terminó cuando Jano se enamoró de ella y la ninfa no pudo esconderse del dios de las dos caras que, a cambio del amor robado, le concedió el poder de espantar a las brujas, así como de curar a los niños, a los enfermos y a los hechizados. Según cuenta Ovidio, cuando se la invocaba, usaba una varita de madroño con la que tocaba por tres veces las puertas y los umbrales conjurando de esa manera todo mal, «su poder es abrir lo que está cerrado y cerrar lo que está abierto». Los romanos utilizaban este árbol en sus ceremonias fúnebres, tal como cuenta Virgilio en la Eneida, cuando relata el último adiós a Palente (Libro XI) " Otros, solícitos, tejen con varas de madroño y ramas de encina el entramado de un blando féretro, y dan sombra con techo de hojas al lecho así formado..."