viernes, 18 de febrero de 2011

Andar á xaneira





Andar á xaneira é a frase que os galegos utilizamos cando as gatas teñen o celo. Isto é porque normalmente ocorre coa lúa de Xaneiro, aínda que no mes de Febreiro tamén seguen a ter o celo e como hai excepcións moitas gatas teñen máis dun celo ao ano.

As gatas que viven libres no campo reciben as visitas dos gatos da súa entorna. Elas non teñen por costume irse da casa, son eles os que se desprazan e ás veces tardan días en regresar ao fogar.

Dorian leva case un mes nesas actividades, só vén ao seu fogar de visita. Non sei se é porque ten moito éxito nas súas conquistas, pero fíxose un soberbio, chega miañando e dándolle ao rabo, esixindo a comida e no momento que remata de comer, volve marchar sen dicir "ata logo" nin "deus cho pague".

Isadora cansa de estar soa e de que Dorian non lle faga caso algún, deixa que lle faga as beiras un gatiño branco e negro, chámase Filipo, e vén visitala, cando sabe que o macho alfa non anda preto, e se presente
que volve, fuxe antes de que o vexa .

Hai anos coñecín unha parella que se comportaba o mesmo que Dorian e Isadora, é curioso como os humanos temos comportamentos idénticos aos animais; a única diferenza era que el andaba á xaneira todo ano e o "gatiño" que facía o "traballo" que el deixaba de facer coa súa muller, non era branco e negro.

Hai moitos anos, ao pouco de eu casar, un día que íamos de paseo o meu marido e máis eu, encontramos a unha señora na rúa, que eu non coñecía naquel momento, pero si era coñecida do meu marido; ía cunha rapaza de trece ou catorce anos, levábaa collida da man. O meu marido parou a falar con ela e presentarme, despois preguntoulle se ían dar un paseo e ela contestou: "Levo esta ao parque, a ver se toma un pouco o aire, non cala que quere saír, para min que "anda á xaneira".
Eu que daquela, era un pouco cohibida quedei case sen alento, miraba para a rapaza, tiña a cabeza baixa, mirando para o chan, mentres a nai seguía a falar da súa vida, cunha falta de TACTO asombrosa, que se xa lle gustaban os rapaces, que non pensaba máis que en saír, ..., ata que o meu marido, ao ver que eu o estaba pasando peor cá rapaza, se despediu, dicíndolle que tiñamos moita présa.






-> Versión en castelán


"Andar á xaneira" es la frase que los gallegos utilizamos cuando las gatas tienen el celo. Esto es porque normalmente ocurre con la luna de Enero, aunque en el mes de Febrero también siguen teniendo el celo y como hay excepciones, muchas gatas tienen más de un celo al año.


Las gatas que viven libres en el campo reciben las visitas de los gatos de su entorno. Ellas no tienen por costumbre irse de casa, son ellos los que se desplazan y a veces tardan días en regresar al hogar.



Dorian
lleva casi un mes en esas actividades, sólo viene a su hogar de visita. No sé si es porque tiene mucho éxito en sus conquistas, pero se hizo un soberbio, llega maullando y dándole al rabo, exigiendo la comida y en el momento que termina de comer, vuelve a marchar sin decir "hasta luego" ni "dios te lo pague".


Isadora
cansada de estar sola y de que Dorian no le haga caso alguno, se deja cortejar por un gatito blanco y negro, se llama Filipo, viene a visitarla cuando sabe que el " macho alfa" no está cerca, en el momento que presiente que vuelve el "jefe", huye antes de que lo vea .


Hace años conocí una pareja que se comportaba lo mismo que
Dorian e Isadora, es curioso como los humanos tenemos comportamientos idénticos a los animales; la única diferencia era que él "andaba á xaneira" todo el año y el "gatito" que hacía el "trabajo" que él no hacía con su mujer no era blanco y negro.


Hace muchos años, al poco tiempo de casarme, un día que
íbamos de paseo mi marido y yo, encontramos a una señora en la calle, yo no la conocía , pero sí era conocida de mi marido; iba con una chavala de trece o catorce años, la llevaba cogida de la mano. Mi marido se paró a hablar con ella y a presentarme, después le preguntó si iban a dar un paseo y ella contestó: "Llevo ésta al parque, a ver si toma un poco el aire, no calla que quiere salir, yo creo que "anda á xaneira".


Yo que por aquellos años, era un poco cohibida quedé casi sin aliento, miraba para la niña, tenía la cabeza baja, mirando para el suelo, mientras la madre seguía hablando de su vida, con una falta de TACTO asombrosa, que si ya le gustaban los niños, que no pensaba más que en salir, ... hasta que mi marido, al ver que yo lo estaba pasando peor que la niña,
se despidió, diciéndole que teníamos mucha prisa.



En el blog La Sabiduría de Sancho está publicada una entrada muy interesante
http://lasabiduriadesancho.blogspot.com/