miércoles, 31 de agosto de 2011

Cousas da vida





As catro son fermosas, locen a súa fermosura cada unha á súa maneira, sen facer de menos á súa veciña, non necesitan presumir dos seus antergos, porque elas locen polos seus méritos e teñen claro que os méritos non se herdan.


Disque sempre lle estaba a contar o mesmo, ela non soportaba a aquela muller, pero non tiña más remedio que seguir indo todos os días limpar a súa casa. Vixiaba mentres ela limpaba, ía detrás pasando a man a ver se deixara algo sen limpar, e mentres a perseguía de habitación en habitación, non paraba de falar, preguntáballe o mesmo todos os días.


- Os seus fillos que fan, están a aprender un oficio?


- Xa lle dixen que están no instituto.


- Ai, agora estuda todo o mundo!, é o mesmo que sexas fillo dun médico ou no seu caso dunha muller do servizo. Claro despois pasa o que pasa..., eses rapaces... nunca chegan a nada. O meu neto vai ser avogado coma o seu pai e o seu avó e os seus fillos terían que ser o que son os seus pais.


- Pois non, señora, os meus fillos van ser o que eles queiran, para iso teñen aos seus pais que traballan para eles. E vostede, xa que quere que o seu neto sexa avogado, faría ben en vixialo e ir preguntar ao instituto as veces que vai a clase.


Disque, despois de algúns anos un dos fillos do albanel e a "chacha" é profesor no mesmo instituto no que el estudou e o outro traballa como periodista nun xornal de tirada nacional, o neto da "señora" despois de ter fracasado na universidade, fíxose das xuventudes dun partido político e hai quen di que sendo neto e fillo de quen é, poida que o agarde un "bo futuro".


Versión en castelán


Las cuatro son hermosas, lucen su hermosura cada una a su manera, sin menospreciar a su vecina, no necesitan presumir de sus antepasados, porque ellas lucen por sus méritos y tienen claro que los méritos no se heredan.


Por lo visto, siempre le estaba contando lo mismo, ella no soportaba a aquella mujer, pero no tenía más remedio que seguir yendo todos los días a limpiar su casa. Vigilaba mientras ella limpiaba, iba detrás pasando la mano a ver si había dejado algo sin limpiar, y mientras la perseguía de habitación en habitación, no paraba de hablar, le preguntaba lo mismo todos los días.

- Sus hijos que hacen, están aprendiendo un oficio?

- Ya le dije que están en el instituto.

- ¡Ai, ahora estudia todo el mundo!, lo mismo da que seas hijo de un médico o en su caso de una mujer del servicio. Claro después pasa lo que pasa..., esos chicos... nunca llegan a nada. Mi nieto va a ser abogado como su padre y su abuelo y sus hijos tendrían que ser lo que son sus padres.

- ¡Pues no!, señora, mis hijos van a ser lo que ellos quieran, para eso tienen a sus padres que trabajan para ellos. Y usted, ya que quiere que su nieto sea abogado, haría bien en vigilarlo e ir a preguntar al instituto las veces que va a clase.

Por lo visto después de algunos años uno de los hijos del albañil y la "chacha" es profesor en el mismo instituto en el que él estudió y el otro trabaja como periodista en un periódico de tirada nacional, el nieto de la "señora" después de haber fracasado en la universidad, se hizo de las juventudes de un partido político y dicen que siendo nieto e hijo de quién es, puede que le espere un "buen futuro".