martes, 10 de enero de 2012

Agora que Rajoy espertou, Dexter vai durmir


Dexter preparándose para botar unha sesta.

-> E por fin... o presidente dixo «Achegamos a nosa historia, a nosa convición. E achegamos aos mercados unha maioría sólida que apoiaron os españois, e estabilidade política para recuperar a confianza. Ir cara a un modelo onde as Administracións Públicas non gasten o que non teñen».


Bando


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.

Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai seca
para que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra de Lei
as estrelas, a Primavera,

as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do Alcalde.

Carimbado, firmado e rubricado.

Manuel María, Documentos persoais


Versión en castelán


-> Y por fin... el presidente dijo «Aportamos nuestra historia, nuestra convicción. Y aportamos a los mercados una mayoría sólida que han apoyado los españoles, y estabilidad política para recuperar la confianza. Ir hacia un modelo donde las Administraciones Públicas no gasten lo que no tienen».


Bando

Se prohibe, por orden de la Alcaldía,
que crezcan porque sí
las rosas del jardín municipal.
Desde ahora las palomas tienen
que pedir licencia para volar.
Se prohibe a la luna

andar libre de noche por el cielo.
La luna es una loca que anda desnudada

dando mal ejemplo a las niñas castas
y a los hijos de familia.
Pagarán impuestos los poetas.

Se prohibe soñar de 10 a 11.
Se prohibe también derramar lágrimas.
Se puede llorar tan sólo cuando hay sequía
para que no queden vacios los pantanos.
Uno sólo se puede emocionar
los Jueves y Domingos
cuando toca
la Banda del Ayuntamiento en el quiosco.
Están fuera de Ley
las estrellas, la Primavera,

las flores y los pájaros.
Se da este bando en tal y cual

para que se cumpla
de orden del Alcalde.
Sellado, firmado y rubricado.


Manuel María, Documentos persoais